Presentación
"O Pasado non morrreu, vive en nós e con nós", escribeu Giusseppe Pitré falando da vixencia da música popular. E sin ese sentimento de continuidade e persistencia da cultura, non hai búsqueda posible.
Estamos nunha encrucillada, dous camiños: un que nos leva ó pasado e outro que vai cara adiante. Buscamos vellos ritmos e melodías, o que conduce á reflexión e á propia autoidentificación cultural. Xa dende hai máis dun século, os nosos antepasados sentíanse interesados na recolleita de cantos populares e/ou tradicionais, práctica que despertaba néles a convicción de estar contribuindo a esta mesma cultura musical.
Experiencia
Esta Agrupación, logo de acadala necesaria e imprescindible madurez ou solidez musical, enceta a sua andaina presentándose ao público o 25 de xullo do 1998, acto que contou coa participación da Banda de Gaitas "Terra de Trasancos" de Ferrol no acto de apadriñamento da mesma, acto que supuxo todo un acontecemento na Vila. Con posterioridade a Banda sigueu a súa andaina musical participando, ininterrumpidamente, en numerosas actuacións por diferentes festivais dos Concellos de Galicia e mesmo acudindo a Asturias e León como fase de expansión e contacto con outras áreas xeográficas de raigame musicalmente afín.
Instrumentación
Na sua calidade de recreadores da música tradicional galega, utiliza os seus intrumentos máis representativos e outros menos autóctonos, como poden ser.
-
Gaitas (afinación do / sol)
-
Percusión Universal & Tradicional
-
Teclado
-
Acordeón
-
Flauta (Tin Whistle)
Neste apartado cómpre sinalar que a B.M.T. “S u e v i a” preséntase sempre ataviada co traxe tradicional-musical en tódalas súas actuacións de carácter público, ben sexan populares, culturais, oficiais, etc., etc.
Dirección
Fieis ó compromiso coa música galega, a B.M.T. "S u e v i a" irrumpe no panorama gaitístico actual coa ilusión e esperanza propias de quen empeza, da man dun dos máis afamados mestres de música tradicional, PePe Romero, exmembro do Grupo de Gaitas "Os Rosales" do Conc. de Rianxo, fundador e exdirector da Escola de Gaita e Percusión do Concello de Riveira como así da Banda de Gaitas "Ancoradoiro" e exprofesor de Gaita do conservatorio municipal da mesma localidade. Fundador e director da Escola de Música Tradicional do Concello de Porto do Son, centro de ensino no que imparte actualmente as suas clases e no que se xestou esta formación musical, baixo a sua tutela.
Características e Composición
O perfil artístico desta Agrupación ofrece un programa lixeiro de espectacularidade, inocente pero cálido, onde non se deixa de lado o legado histórico-popular que, a pesares do tratamento persoal e puntual do mesmo, preténdese salientálos valores tradicionais e camiñar hacia unha evolución natural dentro do propio marco xeográfico-cultural, procurando ser fieis e respetuosos coa esencia da música tradicional galega e intentando elevar ésta de categoría, tantas veces esquencida e/ou infravalorada
A B.M.T. “Suevia” é unha agrupación mixta, de carácter paticipativo que se plantexa conxugar, sin ambaxes, un presente imbuido de "pasado" para proxectarse no futuro, e ainda que pasou por formacións máis numerosas, na actualidade está composta por dezasete músicos de idades predominantemente xóvenes, tendo como fíns, entre outros, a proxección pública do seu traballo e contribuir, parelamente ó enraizamento da música trad. Galega no seu entorno.